XXXII Festival Irmandiño

FESTIVAL IRMANDIÑO
MOECHE

Inicio

 

XXXII Festival Irmandiño
Carteis do festival
Concurso de carteis 2011
Como chegar
   

Contacto

Para poñerse en contacto coa Asociación Cultural Irmandiños de Moeche:

- Correo electrónico:
f.irmandino@yahoo.es

- Buscanos no Facebook:
Faite amig@ de
"A.c. Irmandiños de Moeche"

Novas

- Xa se poden mercar as camisetas deste ano nos seguintes establecementos:
Bar O Castelo
Taberna Irmandiños
Bar a Terraza
Bar Xambas
Bar Ubaldo
O prezo é de 10 euros.

Se a queres contra reeembolso envía un correo a castelo.de.moeche@gmail.com, asunto "camiseta".

 

 

 

 

 

 

O Festival Irmandiño


O Festival Irmandiño é un proxecto que naceu en 1980 como resposta á necesidade de proxectarnos como pobo con historia propia, como herdeiros duns  galegos e galegas que, aló polo século XV, se rebelaron contra o poder establecido, contra unha situación social de opresión, abuso e miseria.

Os veciños e veciñas de Moeche desexaban  naqueles primeiros anos de democracia contribuír, dende a cultura e a historia a que Galiza tivese voz propia, como tivo noutros séculos. Deste xeito o festival converteuse  axiña nun referente cultural singular no país. 

Á vez, eses primeiros organizadores tiñan outro motivo máis tanxíbel e máis próximo,  conseguir que o castelo de Moeche non se deteriorase máis e se mantivese como símbolo do concello e da  nosa historia. Hoxe en  día, este obxectivo estase a cumprir grazas á constancia e entrega de moita xente implicada con este concello e con este país.

A manifestación artística propia do Irmandiño é a música folk, que nos anos 80 era un dos símbolos reivindicativos de Galiza. Pero tamén houbo espazo para outras artes: teatro, artesanía, etnografía, pintura, artesanía, música coral, deseño (concurso de carteis), investigación, (Premio de investigación histórica), etc 

Para todas as persoas que ao longo do tempo estiveron ligadas ao festival dalgún xeito  unha das características  é a capacidade de aglutinar xentes de todas as idades, dende nenos a vellos, e de diferentes lugares.

A transmisión interxeracional é un trazo do Irmandiño xunto co feito de ser unha festa aberta; dende o primeiro ano os veciños e veciñas de Moeche non estiveron sós xa que o festival é froito do traballo de moitas persoas  ligadas afectivamente a Moeche. O relevo na organización vai pasando de mans en mans,  mesmo de xeración en xeración; os que botaron a andar os primeiros Festivais continúan vecellados e así hoxe participan homes e mulleres que sobrepasan os 70, e incluso os 80, con pequenos e pequenas de curta idade.

Non podemos deixar de  mencionar a ese público fiel  que ano tras ano nos visita, mozos e mozas  que acoden sen falta á cita do Irmandiño e sen eles o festival non sería o mesmo.

O inicial espírito reivindicativo da nosa existencia como pobo con cultura e lingua de seu así coma da nosa conciencia social, especialmente nestes tempos  de vertixe e uniformización, debe seguir vivo nas vindeiras edicións e así se veu plasmando especialmente  nos diferentes pregóns da man do poeta Manuel María, o artista Xurxo Souto,  os poetas Rafa Villar e Alfonso Venancio ou o escritor Sechu Sende.

Só resta desexar que o Festival Irmandiño siga sendo unha expresión da cultura como  sinal de afirmación colectiva, expresión dunha tradición da que todos e todas debemos aprender  para construírmos o futuro da nosa Terra.

En nome de todas as persoas que fixeron posíbel o festival dende o seu inicio, grazas ás institucións que coa súa colaboración permitiron que o festival acadase maior calidade artística:

Excma. Deputación Provincial da Coruña           

Concello de Moeche                                          

Artistas, Intérpretes y ejecutantes

Xunta de Galicia

Caixa Galicia Obra Social

Agradecemento  sinceiro a todo o movemento asociativo de Moeche que estivo presente na organización os diferentes anos:

Asociación de Veciños Castelo de Moeche      

Asociación C.e D. El Fenix                              

Asociación Ecuestre 23 de abril

Agrupación Riandola

APA do Colexio de Moeche

Asociación Cultural O Castelo de Moeche

   

resolución óptima 1280x1024 en Internet Explorer 6.0                                                       © A. C. Irmandiños de Moeche